Nerd Nite Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Fotos da sesión de marzo 2025 da Nerd Nite

Na sesión de marzo da NerdNiteSCQ voltamos á normalidade heteroxénea que nos caracteriza: houbo filoloxía, xeografía e física/enxeñaría, todo na mesma noite, a cargo de Cristina Mourón Figueroa, Alejandro Gómez Pazo e Sylvana Varela Ballesta

Grazas aos que viñestes, pronto anunciarémo-la vindeira sesión!

Nerd Nite de marzo 2025

Volvemos á nosa heterodoxa ortodoxia, viaxando dende Ricardo III ata a xeografía polar, e rematando co radon (que, ollo, en galego non leva acento gráfico no “o” 😁).

🗓️ mércores 5 de marzo
📷20:00
👉en A Nave de Vidán

Nerd Nite de novembro 2024

Cartel da primeira Nerd Nite do curso 24/25

Nerd Nite – fotos abril 2024 – Lugo

Especial da NerdNite SCQ en Lugo, con mulleres do sector aeroespacial.

Moitas grazas a Neves, Lidia (grazas á que aprendemos que é unha “Perrea” 😂) e María, traballadoras do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, de Cae Parc Aviation e Gradiant polas súas interesantísimas conferencias!

Grazas tamén a Ellas Vuelan Alto, que fixo posible esta simbólica velada!

NerdNite abril 2024 – Lugo

A NerdNiteSCQ vai ao Campus Terra USC da Universidade de Santiago de Compostela 🙂

con conferencias de mulleres do sector aeroespacial ✈️🛰️🚀

en colaboración con Ellas Vuelan Alto

🗓️Xoves 25 de abril

⏰20:30

👉🏿Na cafetería CooK

NerdNite – Foto Marzo 2024

Excelente nivel de charlas na sesión da NerdNiteSCQ de marzo 😀

Un ambiente que mesturou bohemia teatral con ciencia médica e historia.

Fran Núñez e Paula Ballesteros presentaron o contexto de Manuela Rey e da obra que sobre ela estrearán pronto no Centro Dramático Galego.

Juan Gestal fixo unha achega espectacular (con múltiples referencias históricas e literarias) á tuberculose (causa da morte de Manuela Rey).

Domingo González Lopo explicounos a dinámica da emigración galega a Portugal, un cosmos maior do que parece, e un fenómeno no que Manuela Rey foi figura moi destacada.

Moitas grazas a tod@s!

Vémonos na NerdNite SCQ de abril, que será no campus de Lugo Universidade de Santiago de Compostela

NerdNite – Marzo 2024

Chega a sesión de marzo da NerdNiteSCQ Universidade de Santiago de Compostela Cultura USC

Sobre a figura de #ManuelaRey, co gallo da obra que sobre a súa figura estreará o CDG – Salón Teatro

Coma sempre, intentamos facer ponte entre letras e ciencias 🙂, xa que falaremos tanto de aspectos históricos, arqueolóxicos e médicos.

Intervirán o director do CDG, Fran Núñez, Paula Ballesteros, Domingo González Lopo e Juan Gestal.

🗓️ Mércores 6 de marzo

⏱️ 20:30

👉🏿 No Riquela (rúa Preguntoiro, 35)

NerdNite – Fotos Febrero 2024

A sesión de febreiro da NerdNiteSCQ foi un exemplo da multidisciplinaridade desta iniciativa.

María Curros falounos de María de Maetzu (ela é autora da primeira tese sobre a súa figura), Jose Carvajal dos seus proxectos de arqueoloxía islámica en Catar e Aldán Creo díxonos como enganar aos programas detectores de escritura con IA.

Grazas a tod@s e aos asistentes. Vémonos na seguinte, que será o 6 de marzo!

NerdNite – Fotos Noviembre 2023

Na primeira NerdNite SCQ do curso celebramos co Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE) dúas efemérides de notables avances na física, tanto na forza forte como na forza feble.

No público tivemos ao insigne Krishna Rajagopal, catedrático da facultade de física do Massachusetts Institute of Technology (da que foi decano entre 2015 e 2017) e discípulo do Premio Nobel Frank Wilczek 😃

Grazas aos poñentes e asistentes!