Nerd Nite Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Fotos da sesión de abril 2026 da Nerd Nite

A Nerd Nite de abril, antolóxica, das mellores que se recordan 😃👏

Impresionantes as viaxes ás machosferas da Grecia e Roma antigas con Irune Valderrábano e Jacobo Rodríguez (do grupo PollutedPast) e á fantasía e ciencia ficción cun clásico coma José María Miranda Boto.

O Pub Riquela, ateigado.

Grazas! 🤗

Nerd Nite de abril 2026

Volvemos ao Pub Riquela, para traer unha noite con contidos do máis nerd, dende unha revisión da machosfera en épocas antigas (con Irune Valderrábano e Jacobo Rodríguez) ata a intervención dun clásico coma José María Miranda Boto.

mércores 29 de abril

ás 20:30

no Pub Riquela (rúa Preguntoiro 35)

Fotos da sesión de marzo 2026 da Nerd Nite

Excelente paseo polo mundo molecular neste primeiro especial CiQUS.

Unhas presentacións curradísimas!

Grazas a tod@s por virdes!

Nerd Nite de marzo 2026

Por primeira vez temos un especial CiQUS, un dos principais centros de investigación de Galicia.

Con eles, faremos un paseo polo mundo molecular!

xoves 26 de marzo

ás 20:30

Na Nave de Vidán

Fotos da sesión de febreiro 2026 da Nerd Nite

Onte tivemos unha NerdNite do máis xenuíno na Nave de Vidán!

Grazas a Cristina Jorge Soto, a Claudia Fernández Estrada e a Tiago García Ferrer polas súas traballadas presentacións sobre agresións sexuais en presenza de alcol, os mitos artúricos e os dragóns!

Vémonos na NerdNite de marzo!

Nerd Nite de febreiro 2026

Xa está aquí a sesión de febreiro da NerdNiteSCQ

O rei Arturo, dragóns e agresións sexuais serán os temas.

🗓️ xoves 26 de febreiro
⏰ ás 20:30
👉 A Nave de Vidán

Fotos da primeira sesión do curso 25-26, novembro

Moi bo ambiente neste arranque de curso. Grazas a Ángel Paredes, a Jesús Mosqueira Rey e a Carolina Filgueira Rama.

E, como non, unha vez máis grazas ao Instituto Galego de Física de Altas Enerxías por facer este arranque en común e á Nave de Vidán por acollernos.

Primeira Nerd Nite do curso 25-26

Celebrámo-lo centenario da mecánica cuántica!

Sesión de abril da Nerd Nite

Así foi a NerdNiteSCQ dedicada á facultade de dereito.

Vips nas presentacións e no público, moita historia, e a xusta homenaxe a Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez e o seu impacto na escola de dereito mercantil da Universidade de Santiago de Compostela

Nerd Nite de abril 2025

A sesión de abril da Nerd Nite fará unha aproximación á Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

Veredes que cantidade de historias e mitos hai nese centro!

🗓️martes 29 de abril

⏱️20:00

👉Na Nave de Vidán