A primeira Nerd Nite de 2023 profundará nos datos, na orixe da electrónica galega e na toponimia

Vicente Lustres Pérez, Daniel Seijas Llerena e Vicente Feijoo Ares serán os relatores da sesión que se desenvolverá na Nave de Vidán de Santiago o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas.

Nestas charlas científicas, coordinadas polo catedrático da USC Jorge Mira, os especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.