NerdNite – Foto Marzo 2024
Excelente nivel de charlas na sesión da NerdNiteSCQ de marzo
Un ambiente que mesturou bohemia teatral con ciencia médica e historia.
Fran Núñez e Paula Ballesteros presentaron o contexto de Manuela Rey e da obra que sobre ela estrearán pronto no Centro Dramático Galego.
Juan Gestal fixo unha achega espectacular (con múltiples referencias históricas e literarias) á tuberculose (causa da morte de Manuela Rey).
Domingo González Lopo explicounos a dinámica da emigración galega a Portugal, un cosmos maior do que parece, e un fenómeno no que Manuela Rey foi figura moi destacada.
Moitas grazas a tod@s!
Vémonos na NerdNite SCQ de abril, que será no campus de Lugo Universidade de Santiago de Compostela